Plan de Emerxencia Municipal de Ribadavia(PEMU) (Ampliar Información)
O Plan de Emerxencia Municipal do Concello de Ribadavia, denominado en adiante PEMU-Ribadavia, é un instrumento de carácter técnico, composto por un conxunto de normas e procedementos de actuación que constitúen un sistema de dispositivos de resposta da Administración Local fronte a calquera situación de emerxencia que se produza no Concello de Ribadavia.
Plan de Actuación Municipal polo risco de Mercadorias Perigosas (P.A.M. MM.PP) (Ampliar Información)
Debido os riscos que podería presentar unha situación de emerxencia por un accidente con algunha das substancias perigosas que se transportan polas estradas e ferrocarrís para as persoas e os seus bens así como para o medio ambiente, é necesaria unha planificación para coordinar os recursos e medios das distintas administracións, a fin de combatelos eficazmente.
Tódolos concellos de Galicia deben contar con un plan de actuación en Accidentes no Transporte de Mercadorías Perigosas que estará incluído dentro do correspondente Plan de Emerxencias Municipal (PEMU). O Plan de Actuación Municipal en Emerxencias por Accidentes no Transporte de Mercadorías Perigosas, (P.A.M. de MM.PP.) é un documento técnico no que se analiza este risco, se describe a organización neste tipo de emerxencias e se recollen os medios e recursos dispoñibles a nivel municipal.
Plan de Actuación Municipal polo risco de Incendios Forestais (P.A.M. II.FF) (Ampliar Información)
Debido ó grave risco que representan os incendios forestais para as persoas e os seus bens así como para o medio ambiente, é necesaria unha planificación para coordinar os recursos e medios das distintas administracións, a fin de combatilos eficazmente.
Tódolos concellos de Galicia deben contar cun plan de actuación en incendios forestais que estará incluído dentro do correspondente Plan de Emerxencias Municipal (PEMU). O Plan de Actuación Municipal en Emerxencias por Incendios Forestais é un documento técnico no que se analiza este risco, descríbese a organización neste tipo de emerxencias e recóllense os medios e recursos dispoñibles a nivel municipal.
Inundacións (en fase de creación)
Risco Sísmico (en fase de creación)